Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XOSÉ MANUEL BLANCO É NOMEADO NOVO ALCALDE DE NARÓN, EN SUSTITUCIÓN DE XOÁN GATO
Narón, 20 de xaneiro de 2009.-A Corporación Municipal de Narón elexiu hoxe nun Pleno Extraordinario a Xosé Manuel Blanco como novo Alcalde de Narón, en sustitución de Xoán Gato quen abandonou oficialmente o cargo para centrarse na súa candidatura ás eleccións autonómicas. O novo Alcalde de Narón, que forma parte da Corporación Municipal dende o ano 1983, é o actual Concelleiro de Urbanismo e Xestión Orzamentaria e segundo Xoán Gato “a persoa máis axeitada para tomar o relevo”. Blanco convertiuse en Alcalde logo de que os 21concelleiros do goberno e a oposición votasen en urna, conseguindo un resultado de 10 votos a favor e 11 abstencións. Despois de tomar o bastón de mando da cidade de mans da 1ª Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, o novo Alcalde pronunciou un breve discurso de investidura no que destacou a importancia de continuar co crecemento industrial e demográfico que ven experimentando o municipio de Narón, da man do ata hoxe rexedor, Xoán Gato. A este respecto, Blanco apostou por “seguir atraendo empresas e emprendedores que xeneren traballo, para seguir contando cos mellores servizos sociais, a mellor cultura e o mellor deporte en Narón”. A emoción de Xoán Gato O que fora Alcalde de Narón dende fai 23 anos realizou unha intervención no Pleno cargada de emoción e con contínuas reminiscencias ó pasado. “Cando entramos, Narón era un concello desvertebrado e sen servizos, pero nos convertimos esta realidade nun proxecto ilusionante no que todo o traballo estaba por facer”, dixo poñendo coma exemplo que “nin aparecíamos na guía de teléfono”. Xoán Gato quixo agradecer ó veciños de Narón o seu apoio ó longo deste tempo ó fronte da Alcaldía, “permitindo que o proxecto que iniciamos seguise adiante”, manifestou en referencia ó crecemento de poboación, infraestructuras e emprego constatado neste municipio. “Somos unha illa dentro dunha comarca que leva anos deprimida”, engadiu. Na súa despedida coma Alcalde-Presidente do Concello de Narón, Xoán Gato tamén quixo agradecer o apoio prestado pola súa familia “ e ós compañeiros das sucesivas corporacións” e alabou a figura de Xose Manuel Blanco, do que dixo que “aínda que non é tan mediático coma mín, participou nas decisións fundamentais para este Concello, e agardo que colaboremos todos con él para que Narón siga avanzando”. Xoán Gato presentará mañá no Rexistro Xeral do Concello a súa renuncia á acta de Concelleiro, da que tomará conta o Pleno Ordinario que se celebrará o vindeiro 29 de xaneiro.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es