Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O ESPECTÁCULO "NO CAMIÑO" E O ÚNICO CONCERTO EN GALICIA DA XIRA "SILENTE", DE JORGE DREXLER
As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, se ben as do concerto de Jorge Drexler están a piques de esgotarse
Narón, 9 de outubro de 2019. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana o espectáculo No Camiño, da compañía Setestrelo, e un concerto de Jorge Drexler, que ofrecerá en Narón a única presentación en Galicia do seu último traballo, “Silente”. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, se ben as do concerto de Jorge Drexler están a día de hoxe a piques de esgotarse. “No Camiño” é un percorrido polos camiños de Santiago que entran en Galicia, no que se mesturan a fotografía, o vídeo, a presentación teatralizada, o canto e a música. O espectáculo poderá verse este venres, día 11, a partir das 20.30 horas, e ten unha duración aproximada de hora e media. A través desta presentación a compañía Setestrelo aposta por levar ao público a través do Camiño de Santiago dende a súa butaca, poñendo en valor a música galega, tanto de autor como temas compostos para este camiño en concreto. As entradas teñen un prezo de 5 euros para o público xeral e poderán entrar de balde os menores de 10 anos. Na xornada do sábado, día 12, será o turno do cantautor Jorge Drexler, que presentará o seu último traballo, “Silente”. Drexler regresa a un dos seus formatos máis celebrados, cunha guitarra e a súa voz, combinados con caixas de ritmos para xerar paisaxes sonoras e visuais ao servizo da forma das súas cancións. Trátase dun concerto unipersoal, en formato solista, e co silencio como materia prima e marco para a comunicación no que o público terá unha actitude activa co silencio moi presente. As entradas teñen un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados ou persoas con carné xove ou de estudante (ata 14 anos).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal