Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ANPA ´PEREZ ALBERTI´ EN MATERIA DE ENSINO
Marián Ferreiro valorou a implicación da ANPA Pérez Alberti no desenvolvemento de actividades de especial singularidade en beneficio do alumnado e outros sectores da poboación que participan destas accións
Narón, 15 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá o convenio de colaboración en materia de ensino con María del Carmen Cayuela, representante da ANPA Pérez Alberti, do IES Terra de Trasancos. Á firma asistíu a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. Os obxectivos fundamentais deste convenio de colaboración baséanse na promoción de valores solidarios, de tolerancia, igualdade e respecto a través das accións desenvolvidas polo “Coro Solidarium” e outras actividades que dende a ANPA Pérez Alberti se levan a cabo e que son consideradas de especial interese pola singularidade das propias accións e dos colectivos aos que son dirixidas. A alcaldesa agradeceu o labor realizado dende a ANPA e a súa implicación e colaboración coa administración local no desenvolvemento de programas socioeducativos que redundan en beneficio do alumnado do noso concello e doutros colectivos cos que interactúan a través destas actividades.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal