Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO LIBRO "A FUXIDA DO BOU RAMÓN"
O Padroado da Cultura organiza a cita, que inclúe a inauguración dunha exposición, en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática
Narón, 25 de novembro de 2019. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá mañá, ás 20.00 horas, o acto de presentación do libro “A fuxida do bou Ramón”, escrito polos historiadores Enrique Barrrera e Eliseo Fernández e con ilustracións de Fernando Ocampo. Os tres estarán presentes na convocatoria, aberta á cidadanía en xeral e organizada polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática. Así mesmo, antes da presentación do libro –editado pola Deputación da Coruña e que vai xa pola súa segunda edición- procederase a inaugurar, ás 19.30 horas, a exposición do mesmo nome, “A fuxida do bou Ramón”. A mostra consta de corenta e cinco paneis con imaxes e debuxos a man de Fernando Ocampo sobre esta historia. “A fuxida do bou Ramón” conta a historia da fuga de 27 persoas da comarca de Ferrol, dende Ares, no ano 1939 disfrazados de Gardas Civís, un falanxista e varios presos, todos eles republicanos. Marchan tralo trunfo franquista planeando unha fuxida temeraria no barco “bou Ramón”, coa complicidade dos seus dez tripulantes e con rumbo ao sur de Inglaterra. Todos eles desembarcaron no porto francés da Rochelle pero as autoridades francesas encerráronos no campo de concentración de Barcarès, con milleiros de exiliados republicanos. As represalias sufríronas en Galicia as súas familias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal