Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Desenvolvido por seis educadoras distribuidas en distintas zonas do termo municipal de Narón
A Concellería de Participación Cidadá ven de por en marcha un programa de Dinamización e Participación Cidadá, que desenvolverá un grupo de 6 educadoras distribuidas nas distintas zonas do termo municipal de Narón. Serán as encargadas de informar, cooperar e traballar coa cidadanía en xeral e co movemento asociativo en varias liñas de acción: a) facilitar información sobre recursos e programas municipais, sobre todo os servizos persoais á comunidade. b) analizar e sistematizar datos e inquedanzas de asociacións e cidadáns que permitirá ó Concello reformular e programar recursos tendo en conta eses datos. c) cooperar coas entidades asociativas, asesorando e colaborando para a organización de actividades. d) desenvolver estratexias de dinamización comunitaria tales coma mesas temáticas sobre educación para a saúde, a convivencia veciñal e interxeneracional, ou o aforro enerxético. O programa de Dinamización e Participación Cidadá é un servizo gratuito, e os interesados en participar poden recabar máis información no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ou ben chamando ó número de teléfono 981 33 77 00 (extensión 4108).

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es