Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CEDERÁ 30 ORDENADORES PARA AS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES INSCRITAS NO REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS
Narón, 23 de febreiro de 2009.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de anunciar a cesión en propiedade de material informático municipal ás asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Trátase dunha nova iniciativa que permitirá desafectar 30 ordenadores que no seu día pertenceron ás instalacións da Biblioteca Municipal do Alto, que dende o pasado mes de xaneiro dispón de novos equipos informáticos. Este material se cederá en propiedade ás asociacións e entidades con sede ou delegación permanente en Narón, mediante unha convocatoria pública. Os interesados poden descargar as bases da convocatoria e o impreso de solicitude da páxina web municipal (www.naron.es) ou ben solicitalo no Rexistro Xeral do Concello (pranta baixa). O prazo para participar nesta convocatoria é de 15 días hábiles a partires de hoxe. Xunto coa instancia debidamente cumplimentada, as asociacións deberán presentar no Rexistro Xeral a seguinte documentación: -Declaración xurada da súa inscripción no Rexistro Municipal de Asociacións. -Datos sobre o número de socios que compoñen a asociación, e fins da mesma según se recolle nos seus Estatutos, e colectivo ao que se dirixe. -Memoria das actividades realizadas pola entidade no último ano. -Fotocopia compulsada do Número de Identificación Fiscal. As solicitudes serán valoradas por un órgano colexiado formado por tres técnicos do Concello de Narón (pertencentes ós departamentos de Patrimonio, Intervención e Servizo Sociocomunitario). Esta comisión terá en conta unha serie de criterios á hora de valorar as solicitudes: o número de socios, a disponibilidade dun local con apertura ó público a diario ou á semana, o programa de actividades que desenvolve, o orzamento anual do que dispón, a organización de accións docentes en materia de novas tecnoloxías que precisen destos equipos informáticos, o número de ordenadores dos que xa dispoñen e que foron doados polo Concello, e o grado de cumplimento e actualización de datas no Rexistro de Asociacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal