Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS
O impreso de solicitude pode descargarse pinchando sobre esta información. O prazo remata o 31 de marzo.
Narón, 3 de marzo de 2009.- O Concello de Narón acaba de abrir o prazo de inscripción nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara para nenos/as de 3 meses a 3 anos de idade, de cara ó vindeiro curso escolar 2009-2010. Os interesados dispoñen ata o día 31 de marzo para formalizar a correspondente solicitude, que pode recollerse nas propias Escolas, no Rexistro Xeral ou no Servizo Sociocomunitario (1º andar do Concello) en horario de 8:30 a 13:30 horas, ou descargala na páxina web municipal (www.naron.es). O Concello oferta un total de 16 novas prazas para nenos de 0 a 1 ano en cada unha das tres Escolas Infantís Municipais (EIM). Ademáis, existen outras 26 prazas para nenos de 1 a 2 anos, e 40 prazas para nenos de 2 a 3 anos en cada EIM, ainda que teñen preferencia sobre elas os nenos que xa estean escolarizados neste curso. Xunto co impreso de solicitude, haberá que aportar a seguinte documentación: a) Documentación da situación familiar: -Fotocopia cotexada do Libro de Familia e/ou cartilla de familia numerosa. -Fotocopia cotexada dos DNI ou NIE dos pais/nais/titores. -Certificado de empadroamento e convivencia que será expedido polo Concello, no caso dos veciños de Narón. -Copia cotexada da Sentencia de separación, nulidade ou divorcio, ou calquera outra documentación acreditativa da circunstancia socio-familiar alegada. b) Documentación da situación económica: -Copia cotexada da última declaración da renda de tódolos membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación. De non presentarse este certificado acompañarase certificado de imputación de rendas expedido pola Delegación de Facenda, copia cotexada das dúas últimas nóminas, certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada dos mesmos, e xustificante laboral de proximidade ás Escolas Infantís Municipais. -Os autónomos acreditarán tamén os pagamentos fraccionados do ano correspondente. -Certificado de intereses e retencións bancarias. -Certificado ou Informe de Vida Laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. -Certificado do Departamento de Rendas do Concello de tódolos/as membros da unidade familiar (se tramita dende o propio departamento do Concello). -Outros documentos, se procederen, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. Unha vez recopilada toda a documentación, os interesados deberán presentala xunto coa instancia no Rexistro Xeral do Concello, no mesmo horario indicado anteriormente. Horario e precios para o Curso 2009 – 2010. Horario Apertura do centro: 7:30 a 20:00 Xornada de mañá: 9:30 a 13:30 Xornada de tarde: 15:30 a 19:30 ou de 16:00 a 20:00 Xornada completa: 8 horas Prezo por asistencia Fíxase en 110 € mensuais para a xornada completa e de 76,45 € mensuais para a media xornada. Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reduccións totais ou parciais: Inferiores ó 50 % do S.M.I * reducción do 100 por cento 0 € Entre o 50 e o 75% do S.M.I. reducción do 70 por cento 33 € Entre o 76 e o 99 € do S.M.I reducción do 40 por cento 66 € Entre o 100 e o 150 do S.M.I. reducción do 10 por cento 99 € *S.M.I.- Salario mínimo Interprofesional Prezo por servizos complementarios. A. Nos centros que presten outros servizos, os prezos ós que fai referencia o punto 1 incrementaranse segundo os servizos dos que o neno/a sexa usuario: a. Servizo de comedor: o prezo por este servizo fíxase en 33 euros mensuais. No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utiliza-lo servizo algún día solto, o prezo será de 2 euros por día. b. Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 13,75 euros B. Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre os prezos dos servizos anteriores aplicaranse reducións totais ou parciais: a. Inferiores ó 30 % do S.M.I., redución do 100 %. b. Entre o 30 e o 100 % do do S.M.I., redución do 50 %
Descarga de archivos
MODELO DE SOLICITUDE DE PRAZA
Tamaño:113,50 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal