Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POLICIA LOCAL RECIBE MATERIAL DEPORTIVO PARA O PROGRAMA DE EDUCACION VIAL ESCOLAR
Narón, 11 de Marzo de 2009.- O equipo humán encargado de desenvolver o programa municipal de Educación Vial Escolar (formado polo axente da Policía Local Pedro Caneiro e o mestre de INEF Simón Cabarcos) recibiu hoxe no establecemento deportivo Sport Zone –no Centro Comercial ‘Dolce Vita Odeón’- diverso material co que realizarán o seu traballo nos colexios públicos de Narón. En concreto, trátase de equipación textil, e duas bicicletas cos seus respectivos portabultos e cascos. Nos vindeiros días, Sport Zone entregará tamén outro material para os nenos, no marco dun convenio que se firmará no prazo aproximado dun mes, e que servirá para engadir un patrocinador máis á lista de firmas que colaboran co Concello no marco do programa de Educación Vial Escolar. Segundo declarou o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, a nova equipación “se empregará para acompañar ós nenos nas saídas que fagan dentro do programa de Educación Vial”, sinalou en referencia, por exemplo, á vindeira Marcha Ciclista Escolar do mes de maio. “O convenio servirá para sentar as bases dunha colaboración que agardamos que se extenda no futuro”, sinalou a xefe de ventas de Sport Zone Odeón, Silvia Benitez. Este convenio terá unha duración de dous anos, e tamén permitirá ós alumnos dos colexios de Narón acceder a productos deportivos a precios asequibles.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal