Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO DE TEATRO INFANTIL "UN BERCE CHEO DE CONTOS"
A Concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que a representación, para a que é preciso inscribirse previamente, terá lugar o vindeiro mércores, día 5, no Centro Cívico Social de San Xiao
Narón, 3 de febreiro de 2020. O Centro Cívico Social de San Xiao acollerá este mércores, día 5, o espectáculo “Un berce cheo de contos”, protagonizado pola compañía Migallas Teatro. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que esta proposta se enmarca no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego e que se impulsa dende o Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística. Haberá dúas sesións, unha ás 17.30 e outra ás 19.00 horas, cunha duración aproximada de media hora e para a que aínda quedan algunhas vacantes dispoñibles, según recordou a edil naronesa. Esta obra teatral, con entrada de balde, diríxese a nenas e nenos de 0 a 3 anos e as súas familias, podendo asistir un máximo de 25 por sesión, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico á dirección a.pita@naron.es, no que debe figurar o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome do pai, a nai ou a persoa que o vaia acompañar, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, según recalcou a concelleira de Ensino. Chispa é o protagonista desta historia, que chegada a hora de durmir non ten sono e non para de chorar. Para calmalo e que poida durmir cóntanlle uns contos nos que están moi presentes a tradición oral, os álbums ilustrados e a música en directo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal