Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO REUNIUSE CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA ABORDAR VARIAS OBRAS DE INTERESE PARA O MUNICIPIO
A alcaldesa da cidade incidiu na urxencia de acometer melloras pendientes de executar en viais e beirarrúas do termo municipal
Narón, 4 de febreiro de 2020.- A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, para abordar unha serie de actuacións de interese para o municipio. No encontro, ao que tamén acudiu o edil de Obras, Pablo Mauriz, e que serviu como unha nova toma de contacto entre os representantes de ambas administracións, Ferreiro e Formoso analizaron varias intervencións pendentes de acometer na cidade. En materia de infraestruturas viarias Ferreiro interesouse polo estado no que se atopa a actualización dos proxectos de mellora das estradas de San Xiao e do Feal, dúas actuacións urxentes na cidade para garantir a seguridade peonil e rodada no termo municipal, ao tratarse de viais moi transitados. Así mesmo, a alcaldesa trasladou a Formoso a necesidade de actuar con urxencia nas beirarrúas das estradas da Gándara, Concepción Arenal e Souto Vizoso, que presentan importantes desperfectos e que requiren dunha actuación de mellora para garantir tamén a seguridade na zona. Ferreiro valorou o encontro mantido na administración provincial e amosou a súa confianza en que se avance nestes proxectos e intervencións tan necesarios para a cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal