Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU HOXE UNHA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, á que asistiron o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, os portavoces dos grupos municipais, persoal técnico do Concello e representantes do equipo redactor do novo PXOM
Narón, 18 de febreiro de 2020. O Concello acolleu esta mañá unha reunión da Comisión de seguemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) presidida pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e na que estiveron presentes, entre outros, o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, os portavoces de todos os grupos políticos da corporación local, persoal do equipo redactor da revisión do PXOM e persoal técnico do Concello. No transcurso da convocatoria informouse sobre os trámites que actualmente se están levando a cabo dende o goberno local para revisar o PXOM actualmente en vigor, que data do ano 2002. A xuntanza convocouse como un dos trámites previos á aprobación inicial do documento, que continúa á espera de dous informes de administracións supramunicipais, un do Ministerio de Fomento e outro da Demarcación de Costas. “Unha vez que se reciban eses informes, que marcarán os prazos seguintes para avanzar nos traballos pendentes de realizar, poderase dar comezo á fase de aprobación inicial do documento, que está prevista para os vindeiros meses”, explicou Ramos. Coa revisión do PXOM da cidade, tal e como apuntou o edil, “na zona urbana continuarase avanzando nas tarefas de humanización, o que nos permitirá seguir desenvolvendo un urbanismo máis sostible”. Con este obxectivo está previsto completar a zona urbana con melloras da comunicación entre barrios e no que respecta á zona rural, según indicou, “ampliarase a zona de chan de núcleo rural, no que está permitida a construción de vivendas, no máximo que autorice a Xunta de Galicia e en todos os núcleos do rural donde sexa posible, sempre respectando as normativas en vigor, como non pode ser doutro xeito, e atendendo ás restriccións que se poidan dar en cada caso”. En canto aos seguintes trámites, tal e como explicou Ramos, antes de proceder á aprobación inicial do texto convocarase outra reunión da Comisión de seguemento do PXOM, na que se presentará o documento de inicio e continuaranse solicitando dende as diferentes administracións, según as competencias de cada unha delas, os informes pertinentes para este tipo de procedementos. O documento someterase despois a exposición pública unha vez publicado oficialmente para que se presenten alegacións ao mesmo no caso de consideralo oportuno, explicou o edil naronés.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal