Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA UNHA NOVA CAMPAÑA DIRIXIDA AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL PARA PROMOVER A RECICLAXE DE ENVASES DE VIDRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a implicación da veciñanza neste tipo de campañas e tamén do sector hostaleiro local, fundamental para continuar incrementando ano tras ano as taxas de reciclaxe na cidade
Narón, 19 de febreiro de 2020. O Concello iniciou unha nova campaña para promover a reciclaxe de envases de vidro e dirixida nesta ocasión ao sector hostaleiro local. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que a iniciativa consta de dúas fases: a realización dun traballo de campo para reforzar o coñecemento no sector sobre as ordenanzas municipais en materia de reciclaxe de envases de vidro e a promoción da sensibilización sobre os beneficios medioambientais e aforros económicos que xera a reciclaxe nas arcas municipais. Coa finalidade de que os grandes xeradores xestionen correctamente este tipo de residuos, persoal cualificado está realizando unha serie de visitas aos establecementos hostaleiros da cidade, para informar sobre a ordenanza municipal na que se recolle a obrigatoriedade de separar selectivamente os residuos e que contempla, no caso de non facelo, sancións polo seu incumprimento, tal e como recordou Ferreiro. As visitas iniciáronse na zona urbana da cidade pero ampliaranse posteriormente ao resto do municipio. “Nesta primeira fase informativa e de detección das necesidades, entregaranse aos hostaleiros que o precisen cubos de diferentes capacidades para facilitar a reciclaxe de residuos en envases de vidro según o volume de xeración de cada establecemento e levaranse a cabo auditorías para comprobar que realizan a separación en orixe correctamente e, no caso de que incumpran a normativa, nunha segunda visita entregaráselles unha carta nominativa”, explicou a alcaldesa. Ferreiro avanzou que según os datos facilitados pola empresa Ecovidrio, o pasado ano Narón reciclou un total de 535.900 quilos de vidro nos 158 contenedores instalados no municipio. “Esta cifra supón un incremento dun 2,5% con respecto ao ano 2018 e confirma a tendencia á alza en materia de reciclaxe de vidro na nosa cidade, donde nos últimos anos grazas á implicación dos veciños e veciñas e do sector hostaleiro se conseguíu ir incrementando a taxa de recollida selectiva no concello nun 20%”, asegurou a alcaldesa. “A través desta nova campaña apostamos por intensificar a colaboración para continuar incrementando esa taxa de reciclaxe e por iso nesta ocasión nos centramos no sector hostaleiro, que xera a maior parte dos residuos de envases de vidro dun solo uso que se comercializan e que é un sector clave para acadar os obxectivos de reciclado”, recalcou Ferreiro. A rexedora local agradeceu a colaboración do sector hostaleiro neste tipo de campañas e tamén a das veciñas e veciños “que fan que día a día Narón siga incrementando as taxas de reciclaxe”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal