Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO ORGANIZADO POLO CONCELLO INICIARASE MAÑÁ EN VINTE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA DA CIDADE
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que as diferentes elaboracións poderán degustarse dende mañá día 21 ata o 1 de marzo
Narón, 20 de febreiro de 2020. Os vinte establecementos de hostalería da cidade que participan no Concurso de Tapas de Entroido comezarán a ofrecer mañá –de balde ou por un prezo que non poderá superar os tres euros- as tapas do certame. Así o recordou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que explicou que tanto o feito de cobrar polas tapas do certame como o horario para servilas –de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas ou tan só nun deses dous horarios- quedaron este ano á elección dos propietarios dos establecementos. As tapas poden ser doces ou salgadas, tamén según decidiron en cada un dos locais e poderán degustarse dende mañá ata o vindeiro 1 de marzo. As tapas que se elaborarán en cada establecemento son: -A Roldana: Entroido 2.0 -Australian: Sopa de cocido -Café Bar Ramil: Filloas recheas de cocido -Casa Sindo: Cou-Cido -Estrela do Ponto: Camiñando cara ó Entroido -Gastrobar Piñeiros: Orella crocante con pataca chips e mollo picón -La Cantina: Enchenta -La Continental: Croquetas de Laconada -La Panadería: Albóndegas de Entroido en salsa de grelos -La Perfecta: Padal galego -La Salmantina: Filloa de Carnaval -Mamá Flora: Bocados do Entroido -Mesón O Pío: Dozura na brétema -Mestura: Entroido Mestura -Nueva Orleáns: Filloa doce e salgada -Nuevo Mercado: Sushiño -Nuevo tapeo: Cociburguer -Os Cazadores: Pote de Entroido -Silver: ¡Ostia Pilotes! -Tres pés: Néboa de Entroido O concurso contempla premios para os hostaleiros e tamén para a clientela que puntúe as tapas. O dos hostaleiros que concederá o xurado experto en gastronomía, tras unha cata a cegas, serán un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 250 e un terceiro de 150 euros, todos con diploma e detalle conmemorativo. Os premios do xurado popular, que deberá probar como mínimo dúas tapas para poder emitir o voto (cada papeleta é válida para dous establecementos), serán de 300 euros o primeiro, de 200 o segundo e de 100 o terceiro, tamén con diploma e detalle conmemorativo. A clientela que participe nas votacións depositando o seu voto nas urnas que se localizarán nos establecementos participantes entrará no sorteo de tres ceas para unha persoa e acompañantes por un importe máximo de 150 euros nos locais clasificados en primeiro, segundo e terceiro posto e de dous circuítos de Spa no Odeón Spa Center. O acto de entrega dos premios será o día 5 de marzo no Concello. O concelleiro de Promoción Económica animou ás veciñas e veciños a disfrutar destas datas de Entroido degustando as tapas deste certame, convocado a través do Club Narón Gastronómico e indicou que as persoas interesadas en coñecer a ubicación e o horario no que se servirán as tapas de cada local poden consultar na páxina web do Concello de Narón o enlace: http://www.naron.es/web/docs/concurso_tapas_entroido.pdf.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es