Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA RENOVOU PRETO DE 200 METROS DA REDE DE ABASTECEMENTO EN TRES VIAIS DA CIDADE
O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que os traballos se acometeron nas rúas Tui, no Alto, e Río Pereiro e Río Inxerto, en Xuvia
Narón, 6 de marzo de 2020. A empresa mixta Cosma, que xestiona os servizos de subministración de auga potable e mantemento da rede de saneamento na cidade, acometeu o pasado mes de febreiro obras de renovación da rede de abastecemento na rúa Tui, no Alto. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que se trata dunha intervención “que se proxectou en determinadas rúas da cidade que presentaban riscos de roturas frecuentes, que tiñan canalización de fibrocemento e que agora se cambian por outras para evitar esas posibles roturas”. O edil explicou que na rúa Tui se procedeu a renovar uns oitenta metros da rede. Así mesmo, Santalla indicou que “tamén se levou a cabo a renovación das rede de abastecemento nas rúas Río Pereiro e Río Inxerto, ambas en Xuvia e donde esta mesma semana remataron os traballos previstos e proxectados debido á existencia de tubaría de fibrocemento, que ten maior risco de rotura”. O concelleiro explicou que “con estas actuacións queremos limitar as posibles molestias e inconvintes que se xeneran ás veciñas e veciños da cidade cando se produce unha rotura na rede, debido a que para reparalas nos obriga a cortar o subministro de auga durante o tempo no que se executan as obras”. O edil subliñou que “en total, cos traballos proxectados nestas tres rúas do termo municipal renovamos uns douscentos metros da rede de abastecemento e nos vindeiros meses continuaremos traballando para que naqueles casos nos que se detecte risco de roturas repetitivas, proceder a renovar tamén a rede”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal