Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCADESA PRESIDIU A TOMA DE POSESIÓN DE TRES NOVOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
Dous dos axentes tomaron posesión como funcionarios en prácticas, polo que deberán completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, e outro como funcionario de carreira
Narón, 6 de marzo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión de tres novos axentes da Policía Local de Narón, dous deles como funcionarios en prácticas e un como funcionario de carreira. No acto, Marián Ferreiro estivo acompañada polos edís de Persoal, Pablo Mauriz e Seguridade Cidadá, Román Romero, así como polo xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado. Dous dos axentes que se incorporarán ao plantel da Policía Local son Sara Fernández Bouza e Sergio Manuel Aceña Berlanga, como funcionarios en prácticas, que agora deben realizar o período de formación práctica na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), na Estrada, Pontevedra. O vindeiro día 12 de marzo iniciarán alí o curso, cunha duración total de nove meses. Durante os tres primeiros iniciarán a formación teórica e no verán realizarán a parte das prácticas no Concello para, unha vez rematada, regresar de novo á Agasp outros tres meses para concluír a súa formación. O terceiro axente, que se incorpora xa como funcionario de carreira, é Diego Martínez Rodríguez. A alcaldesa, Marián Ferreiro, deu a benvida ao Concello aos tres novos axentes e valorou o feito de que se poida incrementar o plantel da Policía Local da cidade, que estaba integrado por 36 persoas. Así mesmo, a rexedora local destacou o labor que cumprirán os novos axentes, en canto “a velar polo cumprimento da normativa vixente e tamén como garantes da seguridade das nosas veciñas e veciños”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal