Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL PLANTOU TRINTA ÁRBORES NO RECINTO FERIAL DO TRECE, EN SEDES
A Corporación Masaveu impulsou un ano máis esta iniciativa, en colaboración co Concello, e na que participaron medio cento de escolares de sexto de Primaria do colexio Santiago Apóstol
Narón, 10 de marzo de 2020. Un grupo de medio centenar de alumnas e alumnos de sexto curso de educación Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón, xunto con persoal docente do centro, participou esta mañá nunha iniciativa medioambiental impulsada dende hai varios anos no Concello pola Corporación Masaveu e que conta coa colaboración do Concello. Os escolares plantaron unha trintena de árbores no recinto feiral do Trece (en tres espazos diferenciados), na parroquia de Sedes, dando así continuidade ás plantacións realizadas por escolares do mesmo centro en anos anteriores na zona da Gándara e no paseo de Xuvia. A alcaldesa, Marián Ferreiro, o concelleiro de Parques e Xardíns, Ibán Santalla, e os de Medio Ambiente, Santiago Galego e Urbanismo, Manuel Ramos, participaron neste evento, ao que asistiron, en representación da Corporación Masaveu, o responsable de Medio Ambiente e Enerxía do grupo Masaveu Industria, Fernando Fernández-Tresguerres; a subdirectora da planta Cementos Tudela Veguín, do Grupo Masaveu en Castro, Marta Ferro, e o responsable de Produción da planta naronesa, Ángel Veiga. Os alumnos e alumnas contaron coa colaboración dos representantes da corporación local e do grupo Masaveu para plantar os trinta exemplares, dez fresnos, dez castiñeiros e dez cereixos silvestres, que medran xa na parroquia de Sedes. Como é tradicional neste acto, antes de proceder á plantación o alumnado escoitou as explicacións que ofreceron xardineiros profesionais da empresa encargada do citado servizo na cidade para proceder a realizar a tarefa nas mellores condicións. A continuación, divididos en grupos foron plantando as árbores, unha tarefa na que tamén se implicaron representantes do goberno local e do Grupo Masaveu, que quedaron identificadas cos seus respectivos nomes. Unha vez rematada a plantación os rapaces e rapazas degustaron un aperitivo no recinto feiral do Trece antes de regresar ao seu centro escolar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal