Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PLATAFORMA POLA REINDUSTRIALIZACIÓN DA COMARCA APRAZA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA O 15-M
Integrantes do colectivo reuníronse esta tarde no Concello de Narón e acordaron aprazar a convocatoria priorizando a saúde pública
Narón, 11 de marzo de 2020. Integrantes da plataforma pola reindustrialización da comarca reuníronse esta tarde, ás 17.00 horas, no Concello de Narón e acordaron aprazar a manifestación que estaba convocada para o vindeiro domingo, 15 de marzo, dende a Praza do Inferniño ata a Praza de Galicia. Dende o colectivo explicouse que “en vista da situación que vivimos nestes días polo coronavirus, adoptamos unha postura responsable e decidimos aprazar a manifestación polo menos os quince días preceptivos”. Así mesmo, incidiuse en que se decidiu “dar prioridade á saúde pública sobre a situación de reivindicación comarcal” e recordouse que, a maiores da convocatoria aprazada “temos solicitadas reunións cos ministerios de Fomento, Industria e Transición Ecolóxica e imos continuar con ese traballo”. Finalmente, apuntaron, “no menor tempo posible, sempre que sexa oportuno, convocaremos de novo esa manifestación comarcal”. Os sindicatos CIG, CCOO e UGT, vinte concellos da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal e a Confederación de Empresarios organizaron esta convocatoria. Representantes das citadas centrais sindicais, de administracións locais e de Cofer acudiron á xuntanza desta tarde en Narón.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es