Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS SUMAN 260 NOVAS SOLICITUDES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2009-2010
Ademáis, hai 154 reservas de praza para as EIM de A Solaina, Piñeiros e A Gándara
Narón, 7 de Abril de 2009.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida, ven de anunciar o número de solicitudes rexistradas no Concello para acceder ás Escolas Infantís Municipais (EIM) de A Solaina, Piñeiros e A Gándara de cara ó vindeiro curso escolar 2009-2010. En total, recibíronse 260 novas solicitudes, ademáis das 154 reservas de prazas por parte de nenos/as que xa están escolarizados nestos centros. A continuación detállanse os datos por centros e idades: Solicitudes por idades: -22 solicitudes de non nados -22 solicitudes de nados no 2009 (de 0 a 1 anos). -112 solicitudes de nados no 2008 (de 1 a 2 anos). -104 solicitudes de nados no 2007 (de 2 a 3 anos). Solicitudes por escolas: -81 para a Escola Infantil de A Solaina -87 para a Escola Infantil de Piñeiros -92 para a Escola Infantil de A Gándara Por escolas e idades: -EIM de A Solaina: 3 solicitudes de non nados, 5 de nados no 2009, 37 de nados no 2008, 36 de nados no 2007. -EIM de Piñeiros: 12 solicitudes de non nados, 6 solicitudes de nados no 2009, 36 solicitudes de nados no 2008, e 33 solicitudes de nados no 2007. -EIM de A Gándara: 7 solicitudes de non nados, 11 solicitudes de nados no 2009, 39 solicitudes de nados no 2008, e 35 solicitudes de nados no 2007. Reservas de praza (alumnos/as que xa están nas EIM): -52 reservas en A Solaina -50 reservas en Piñeiros. -52 reservas en A Gándara. Segundo apuntou o Edil de Infancia, Miguel Hermida, as listas definitivas de admitidos daranse a coñecer no mes de xuño, logo de reunirse a comisión de baremación. Á hora de adxudicar as prazas, terán preferencia os nenos que xa estiveran matriculados no centro durante o pasado curso, seguidos daqueles que xa teñan un irmán no centro. O segundo grupo preferente é o dos fillos/as do persoal que traballe nas escolas infantís municipais, e por último os novos ingresos que acaden o baremo máis alto, segundo os criterios que se explican a continuación: O Concello primará ás parellas que traballen fora do fogar familiar (6 puntos sumando pai e nai), ás familias monoparentales (3 puntos), ás familias numerosas (3 puntos), ás familias afectadas por minusvalidez física, psíquica ou sensorial ou enfermedades que requiran tratamiento (2 puntos), fillos nacidos en parto múltiple (1 punto), familias con persoas a cargo (1 punto). A esto se sumarán 2 puntos por cada membro da unidade familiar. Ademáis, os desempregados terán outros 2 puntos. Tamén se baremarán outras cuestións coma a situación laboral e os ingresos familiares, dando prioridade ás rentas máis baixas. O número total de solicitudes para o vindeiro curso 2009-2010 aumentou en sete respecto ó ano pasado, no que se rexistraron 253 novas peticións. Para este ano, ofrécense perto de 270 prazas (90 por cada centro) en turno de mañá e tarde, pero esta cifra podería aumentar xa que moitos pais e nais elixen horario de media xornada, deixando a praza libre no resto do día. Aínda así, os nenos/as con reserva de praza (154) xa teñen asegurada a súa continuidade, polo que as prazas libres vense reducidas por esta circunstancia. Estos datos revelan a necesidade de construir unha nova gardería, idea coa que se está a traballar, para a zona de Xuvia. A elección do lugar responde ó crecemento da poboación de Narón e tamén de dispersión xeográfica, co fin de descentralizar servizos do triángulo Santa Icía-Alto do Castiñeiro- A Gándara, algo no que incidíu especialmente o Edil de Infancia, Miguel Hermida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal