Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTERÁ OS CONTRATOS COAS CONCESIONARIAS DO SERVIZO SOCIOCOMUNITARIO, DOS PADROADOS DE CULTURA E DEPORTES E TRAMITA A CONTINUIDADE DOS CORRESPONDENTES A OUTROS SERVIZOS MUNICIPAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, incidiu na importancia de que as empresas non teñan que recurrir a Ertes debido a unha situación que, entre outras medidas, obrigou a suspender actividades e ao peche de instalacións municipais
Narón, 20 de marzo de 2020. O equipo de coordinación municipal constituído para frear a expansión do coronavirus avanza en diferentes xestións encamiñadas a preservar ao máximo a saúde e seguridade das veciñas e veciños de Narón e tamén para manter os contratos actualmente en vigor con empresas concesionarias de diferentes servizos municipais. Ao respecto dos citados contratos, a alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que se realizaron “as pertinentes xestións tanto coa Fegamp como coa Femp e outros organismos co fin de manter a prestación dos contratos coas empresas que traballan para o Concello, evitando a suspensión dos mesmos e, polo tanto, os prexuizos que causarían tanto aos propios empresarios e empresarias como aos traballadores e traballadoras das mesmas durante o tempo que estea en vigor o estado de alarma decretado polo Goberno central”. A rexedora local anunciou que na actualidade están resoltos os trámites para proseguir coa prestación dos contratos das concesionarias do Servizo Sociocomunitario e tamén os correspondentes aos Padroados de Cultura e Deportes. “Facendo uso dos medios dispoñibles ao noso alcance como administración local, da máxima vontade política e co traballo dos responsables dos diferentes departamentos tratamos de evitar nos casos en que sexa posible que as empresas concesionarias de servizos municipais teñan que recurrir aos Ertes debido a esta situación, de carácter excepcional e que obrigou a suspender actividades e ao peche de instalacións municipais”, recordou Ferreiro. “Ao longo desta semana estivemos analizando as posibles vías cun obxectivo prioritario nesta área, que non é outro que evitar a suspensión dos contratos públicos”, recalcou. Ferreiro explicou respecto a esas vías que se analizou “a situación particular de cada un dos contratos públicos en vigor coas empresas que prestan servizos ao Concello en materia de obras, servizos, actividades… para tratar de ofrecer en cada caso a solución que se estimou máis axeitada, sempre atendendo ás disposicións legais ao respecto e co fin de garantir o interese público”. A rexedora local avanzou que se trata dunha proposta que se plantexou a todas as concesionarias e á que se prevé que se acollan tamén outras empresas que prestan servizos ao Concello e con contratos concertados antes de declararse esta situación de emerxencia pola crise do Covid-19. “Nos vindeiros días continuaremos avanzando nesta área, implantando dende a administración local unha serie de medidas que complementan outras de carácter social que temos en marcha e a través das que tratamos de minimizar os problemas que leva implícitos unha situación como a que estamos atravesando na actualidade” subliñou Ferreiro, que confía en que a vindeira semana se acorde proseguir coa prestación dos contratos doutras concesionarias do Concello, a maiores das do Servizo Sociocomunitario e dos Padroados de Cultura e Deportes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal