Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INCORPORA UN ATOMIZADOR PARA A DESINFECCIÓN DE RÚAS NA CIDADE E APLICA UN PLAN DO SPEIS DE CONTROL DE ZONAS VULNERABLES
A nova máquina de desinfección de rúas comezará a funcionar no servizo desta noite, tal e como avanzou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 22 de marzo de 2020. O Concello de Narón dispón dun amplo operativo deseñado para atender no termo municipal as necesidades de limpeza e desinfección en materia de prevención do coronavirus que se estableceron seguindo o protocolo do Ministerio de Sanidade. Así o explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que destacou que o departamento municipal de Servizos e o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón desenvolven estas tarefas para garantir a seguridade e saúde das veciñas e veciños de Narón e dos profesionais que estes días manteñen operativos diferentes servizos. O persoal tanto de Servizos como do Speis mantén a diario unhas pautas de hixiene tanto nas súas instalacións como entre os profesionais (de equipamento e para o relevo de turnos), específicas ante a exposición de axentes patóxenos e traballa atendendo a unha reestructuración de turnos preestablecidos para garantir o mantemento dos servizos. “A maiores dos equipos que na última semana están realizando tarefas de limpeza viaria e en espazos públicos, contamos agora cun atomizador, unha máquina que esta mesma noite empezará a traballar na rúa 25 de Xullo e na Praza de Galicia, nas inmediacións do centro de saúde, para posteriormente desprazarse pola estrada de Castela e polo resto do termo municipal para desinfectar as rúas da cidade”, avanzou Ferreiro. A peculiaridade desta nova máquina é que, tal e como explicou, realiza unha especie de fumigación que permite chegar a desinfectar todas as zonas. “No caso da limpeza viaria, estase levando a cabo un primeiro tratamento mecanizado de superficies como prazas e beirarrúas con baldeadoras e outros equipos nos que se emprega auga e lixivia”, explicou. Tras este primeiro tratamento, apuntou Ferreiro, “realízase outro con auga e un deterxente con tensioactivos, que facilita o arrastre e, posteriormente, aplícase un bactericida para proceder á completa desinfección”. Así mesmo, indicou, empréganse sulfatadoras manuais para desinfectar zonas moi específicas, como marquesiñas ou accesos a diferentes establecementos (farmacias, panaderías, supermercados… ) con auga e lixivia. En canto ao persoal do Speis de Narón e de Protección Civil, traballa conxuntamente estes días en Accións de Prevención Operativa, planificadas dende a área de intervención do primeiro dos servizos dun xeito coordinado e acorde coa situación que vivimos. As labores de apoio social e de axuda a domicilio nestes días de confinamento decretado polo Goberno central enmárcanse nesta área, na que se presta especial atención ás persoas con mobilidade reducida ou grupos de risco. “Estes días estase facendo especial incidencia na posta en marcha dos procedementos operartivos para os supostos de Covid-19”, explicou Ferreiro. Entre os mesmos, sinalou, “atópanse simulacros de acceso a vivendas nos casos de riscos potenciais e globais, procedementos de descontaminación de intervintes e tamén de traslado ou evacuación de persoas contaminadas por coronavirus, ofrecendo deste xeito dende o servizo un nivel de resposta óptimo de actuación ante a crise do coronavirus e para evitar posibles riscos de contaxio entre as persoas”. A alcaldesa explicou que os profesionais do Speis dispoñen dun completo organigrama para aplicar as medidas de desinfección que requiren edificios e locais ubicados no termo municipal e que, atendendo ás indicacións do Goberno central, permanecen abertos ao público para dar servizo ás primeiras necesidades da cidadanía.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal