Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 150 MENORES DA CIDADE RECIBEN O APOIO DO CONCELLO PARA REALIZAR AS TAREFAS ESCOLARES NOS SEUS DOMICILIOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que en colaboración cos centros do ensino entrégaselles o material necesario para que poidan realizar as tarefas do curso
Narón, 9 de maio de 2020. O Concello continúa prestando axuda ás familias que o precisan para que os rapaces e rapazas poidan dispoñer do material necesario para realizar as tarefas correspondentes ao actual curso escolar. “Na actualidade a través da concellería de Educación e en colaboración cos centros de ensino públicos e concertados da nosa cidade estamos prestando o servizo a uns 150 alumnos e alumnas”, asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recordou que o servizo se presta en colaboración cos colexios. A axuda ofrécese naqueles casos nos que os estudantes a precisan para imprimir os traballos que lles envían dende os centros durante a crise sanitaria pola Covid-19. “Nun principio comezamos atendendo a unha trintena de menores pero a cifra aumentou considerablemente. Dende o goberno local contactamos cos centros de ensino para ofrecer a colaboración necesaria poñendo os recursos dixitais disponibles á súa disposición”, explicou a rexedora local. A alcaldesa valorou a colaboración da empresa que cedeu unha impresora para poder imprimir os traballos que envía o profesorado e que se imprimen e semanalmente se entregan aos estudantes para que continúen avanzando no curso escolar en igualdade de condicións que o resto de compañeiras e compañeiros. “Unha vez impresos, poden recibir o material no seu propio domicilio, xa que persoal da agrupación de Protección Civil llo achega se así o solicitan, ou poden tamén recollelo no Concello concertando previamente unha cita”, apuntou Ferreiro. Así mesmo, o Concello atendeu a petición do instituto das Telleiras e facilitou cinco conexións a internet para o alumnado que non tiña acceso ao citado servizo. “A atención ás familias máis vulnerables é prioritaria nesta crise sanitaria, polo que dende o goberno local estamos atendendo cada unha das necesidades que se presentan neste colectivo para favorecer que o estudantado dispoña das mesmas oportunidades educativas”, subliñou a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal