Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO PARA ENTREGAR AS SOLICITUDES DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
O prazo continuou aberto durante o estado de alarma na Sede Electrónica do Concello e a entrega presencial será ata o 29 de maio, incluído
Narón, 22 de maio de 2020. O Concello reabrirá o vindeiro luns, e ata o 29 de maio (incluído) o prazo para a recollida das solicitudes para o vindeiro curso nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara y Piñeiros), un trámite que se anulou tras decretarse o estado de alarma, o pasado 14 de marzo, pero que se puido continuar realizando a través da Sede Electrónica do Concello, opción que continúa en vigor. As persoas que desexen achegar a súa solicitude presencialmente deben dirixirse á porta do Consistorio ubicada na Praza de Galicia, donde persoal funcionario recollerá a pertinente documentación. Unha vez entregada os pais e nais recibirán por correo electrónico un xustificante da entrega que lles remitirán dende o Rexistro municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que no caso de que algunha documentación estea incompleta ou presente algún erro, persoal funcionario porase en contacto coa persoa que está realizando os trámites co fin de que se poida subsanar en tempo e forma. Ferreiro indicou tamén, no que respecta á reapertura das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros, que se continúa á espera das determinacións marcadas pola administración autonómica sobre esta medida, co fin de cumprir as recomendacións en materia sanitaria e de seguridade para os usuarios e usuarias destas instalacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal