Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EDUSI "RÍA DE FERROL, CIDADE 2020" PRESENTA UN VÍDEO DIVULGATIVO DO PROXECTO
O vídeo pode visionarse nas redes sociais do proxecto EDUSI, en Facebook, Twitter e na páxina web do programa, cofinanciado con fondos Feder
A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020” lanza un vídeo divulgativo no que se percorre a área urbana de Ferrol e Narón. Con imaxes da zona e distintas paisaxes da ría e o centro urbano, amósanse os distintos ámbitos de actuación da EDUSI, para encarar o reto presentado conxuntamente por ambos concellos de converter a Ferrol e Narón en cidades máis sostibles e integradoras, cidades intelixentes, cidades accesibles e en consonancia coas necesidades da cidadanía. O principal obxectivo da EDUSI “Ría de Ferrol, Cidade 2020” é crear un modelo de cidade que aposte polo futuro, mediante a recuperación física, social, económica e medioambiental, promovendo actuacións dirixidas á mellora no acceso e uso das novas tecnoloxías, ao fomento do turismo, á rehabilitación do patrimonio histórico, cultural e natural, ao aumento da calidade de vida da cidadanía e á protección do medio ambiente. Dende hoxe este vídeo poderá visionarse a través das redes sociais do proxecto, Facebook (fb.com/EdusiRia) e Twitter (@EdusiRiaFerrol), ademáis de estar dispoñible na súa páxina web oficial da EDUSI (www.ferrol.gal/edusi/), co obxecto de informar e acercar a estratexia á cidadanía. Recordar que se trata dun proxecto cofinanciable ao 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es