Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SABGUE ESTARÁ O VINDEIRO MÉRCORES NA PRAZA DA GÁNDARA
As persoas que poidan doar deberán pedir cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828
Narón, 1 de xuño de 2020. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este mércores, día 3, á Praza da Gándara (Rúa Pintor Soutomaior), donde se poderá doar sangue entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Dende o servizo recordouse que na actualidade, e con motivo de prevención fronte á Covid-19 é preciso pedir cita previa, chamando ao número de teléfono 900 100 828. ADOS recorda que as unidades móbiles e os locais de doazón cumpren todas as garantías de seguridade sanitaria e inciden, entre outras medidas, en non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Así mesmo, subliñouse que no momento de ir a doar se garde como mínimo un metro de separación nas zonas habilitadas para a espera.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es