Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUMOUSE AO MANIFESTO "COOPERACIÓN CONTRA O COROAVIRUS" DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
As administracións locais fan un chamamento para manter o seu compromiso humanitario cos países menos favorecidos
Narón, 1 de xuño de 2020. O Concello de Narón sumouse ao manifesto “Cooperación contra o coravirus”, promovido a nivel estatal pola Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, ao que se adscriben varios fondos, entre eles do Galego de Cooperación e Solidariedade. A concelleira de Acción Social, Catalina García, asegurou que o goberno local “comprométese a seguir colaborando cos máis desfavorecidos no marco da adhesión a esta proposta” e recordou que no pleno celebrado o pasado xoves se aprobou a proposta por unanimidade da corporación local. O manifesto constitúe “un instrumento de posicionamento do municipalismo solidario para incluír na axenda global e comprometerse coa cooperación ao desenvolvemento como mecanismo de resposta para vencer á Covid-19 e fortalecer a institucionalidade local dos países menos favorecidos”, tal e como se recolle no documento aprobado. As administracións locais que se adheriron a esta declaración, un total de quince en Galicia, fan un chamamento “para que as administracións locais manteñan o seu compromiso humanitario e reforcen as súas políticas de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade internacional para erradicar esta e outras pandemias que azoutan o planeta”, sinalan. Este mes o documento abrirase ás sinaturas da cidadanía en xeral para promover a defensa deste tipo de políticas públicas municipais. O Fondo Galego de Cooperación, integrado por 98 concellos e as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, aprobou un investimento de 98.126 euros para frear o impacto da Covid-19 en Mozambique e Guinea-Bissau con cinco proxectos e recentemente puxo en marcha nas redes sociais a campaña #OsMunicipiosCooperan “para poñer en valor a solidariedade internacional dende o local”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal