Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE DEBUXO PARA ESTUDANTES CON MENSAXES E CONSELLOS DE BOAS PRÁCTICAS SOBRE CATRO TEMÁTICAS
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que os debuxos se deberán enviar por correo electrónico ata o vindeiro 14 de xuño
Narón, 3 de xuño de 2020. O Concello de Narón retoma un proxecto dirixido ás nenas e nenos da cidade e impulsado a través da Concellería de Seguridade Cidadá, que preside o edil Román Romero. O equipo de Educación Viaria deseñou unha novidosa proposta cun final que será unha sorpresa para os estudantes (de Infantil, Primaria, ESO e Secundaria), tal e como apuntou o edil, que explicou sobre a mesma que para poder participar deben enviar un debuxo “cunha mensaxe na que dean recomendacións ou consellos de boas prácticas sobre algunha destas catro temáticas: Covid-19, Educación viaria, Medio ambiente e Igualdade”, e envialos á dirección: seguridadevial@naron.es. Romero indicou que os debuxos deberán ter como máximo un tamaño A4 (folio) e teñen que estar en branco e negro. A maiores, apuntou, deberán levar indicado o nome e apelidos da nena ou neno que o realice, o colexio e o curso. Para poder participar é preciso enviar os debuxos á citada dirección de correo electrónico ata o domingo 14 de xuño, incluído. “Animamos ao alumnado da cidade a participar nesta proposta porque estamos seguros de que o resultado final, o obxectivo deses debuxos lles vai a gustar moito”, asegurou o edil.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal