Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XUVIA ACOLLERÁ A IV CONCENTRACION MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra no Paseo Marítimo de Xuvia con exhibicións no polígono de Rio do Pozo, do 5 ó 7 de xuño.
Narón, 11 de Maio de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes e Mocidade, Natalia Hermida, presentaron hoxe a IV Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’, organizada pola asociación motoclube Fojeteiros. O seu presidente, Santiago Galego, avanzou hoxe en rolda de prensa os detalles deste evento, que se celebrará do 5 ó 7 de xuño. Segundo apuntou, a organización agarda a asistencia de máis de 700 moteiros procedentes de toda Galicia, Asturias, Castilla León, Portugal e País Vasco. Por cuarto ano consecutivo, esta concentración fará de Narón un punto de encontro para os afeccionados ás motos, polo que se agarda a asistencia en conxunto de máis de 10.000 persoas durante esos días no municipio, segundo explicou o Alcalde, Jose Manuel Blanco. Para apoiar este evento, o Concello de Narón a través do seu Padroado de Deportes colabora cunha subvención de 26.000 euros, destinados a sufragar as distintas actividades que se levarán a cabo esos días. Tamén participa a Concellería de Mocidade, cedéndolles ós grupos noveis que ensaian na Casa da Cultura un espazo para actuar, na xornada do 5 de maio, no paseo marítimo de Xuvia. Alí celebrarán un concerto a partires das 19 horas. As exhibicións terán lugar nun circuito pechado no polígono de Río do Pozo, para garantir a seguridade cidadá, mentres que as actividades lúdicas e festivas se realizarán no paseo marítimo de Xuvia, onde a organización habilitará tamén unha zona de acampada.Os interesados en participar ou obter máis información poden facelo a través do número de teléfono facilitado pola organización: 697 269 102. O programa desta IV Concentración Moteira é o seguinte: VENRES 5 DE XUÑO 18:00 horas: Inauguración da IV Concentración Moteira. Apertura de inscripcións, refresco e pincho de benvida. 19:00 horas: Presentación musical de grupos noveis da comarca. 21:30 horas: Cea-degustación de pinchos. 23:00 horas: Concerto de Durango Express e Band Jovi. SABADO 6 DE XUÑO 10:00 horas: Apertura de inscripcións. 11:30 horas: Ruta mototurística con pinchos nos locais colaboradores. 16:00 horas: Diversos entretementos na Carpa instalada no paseo de Xuvia. 16:30 horas: Exhibición acrobátiva no polígono de Rio do Pozo, a cargo de Emilio Zamora (piloto de Ducatti) e Raúl Lerena. Haberá unha “gran sorpresa”. 21:30 horas: Cea moteira na carpa de Xuvia. 23:30 horas: Desfile das antorchas en memoria dos moteiros que perderon a vida na estrada. 01:00 horas: Conxuro e queimada. 01:30 horas: Gran Festa Moteira.Música, xogos de luces, pirotecnia, regalos e sorpresas. DOMINGO 7 DE XUÑO 09:30 horas: Almorzo moteiro 10:45 horas: Ruta mototurística pola comarca. Degustacións gastronómicas. 14:00 horas: Xantar. Gran paellada para 1.000 comensales, cocinada no paseo marítimo de Xuvia. Entrega de trofeos e premios ás diferentes categorías. 16:00 Acto de clausura.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es