Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REABRIRÁ O LUNS OS PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES MANTENDO UNHA FRANXA DE PECHE DE CATRO HORAS DIARIAS PARA REFORZAR A SÚA DESINFECCIÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, apelou á colaboración cidadá para o cumprimento das medias de prevención de transmisión da Covid-19
Narón, 13 de xuño de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a reapertura o vindeiro luns, día 15, dos parques infantís e biosaudables da cidade. Sobre o procedemento a seguir debido á crise do coronavirus, avanzou que se poderá acceder a estes espazos a partir das 11.00 horas, cada día da semana, “debido a que entre as 7.00 e as 11.00 horas levaranse a cabo tarefas de desinfección nos citados recintos”. A rexedora local recordou que “dende que se decretou o estado de alarma e se pecharon os parques infantís e biosaudables da cidade, persoal da empresa que se encarga do mantemento destes espazos realizou a diario tarefas de desinfección dos mesmos, unhas tarefas que a partir do vindeiro luns se reforzarán a diario nese horario matinal con motivo da reapertura e incidindo especialmente nas superficies de contacto máis frecuente entre as usuarias e usuarios”. O procedemento establecido, según avanzou, será desinfectar cun deterxente biocida e atomizadores de mochila e, unha vez á semana, cunha mistura de auga e lixivia, tal e como se recomenda neste tipo de instalacións. “En cada un dos 55 parques infantís e a vintena de biosaludables do termo municipal que se reabrirán á cidadanía, na zona da entrada instalaremos un cartel no que se indicarán as medidas sanitarias de obrigado cumprimento, a distancia social a manter nestes espazos, o uso obrigatorio de mascarilla para distancias inferiores a 1,5 metros e tamén o aforo máximo permitido en cada un deles, establecido en función das superficies, como principais medidas de prevención de transmisión da Covid-19”, asegurou Ferreiro. As indicacións sobre o aforo para os parques infantís establecen que poden permanecer no recinto do parque un máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados. Tendo en conta esa medida, “é moi importante que no recinto de xogo estean tan só as nenas e nenos, porque no caso de entrar adultos estaríase privando desas zonas de xogo a outros menores”, indicou Ferreiro. “O luns retiraranse os precintos que mantiveron pechados nos últimos tres meses os parques infantís e biosaludables, polo que apelamos á responsabilidade cidadá para cumprir as indicacións que se realizarán para acceder de novo a estes espazos co fin de ofrecer as máximas garantías sanitarias”, recalcou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal