Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACION FREERIDE NARON ORGANIZAN O I TROFEO DE DUAL SLALOM
Terá lugar o 31 de maio en Rio do Pozo, coa participación de 70 deportistas de toda Galicia
Narón, 25 de Maio de 2009.- A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida e os responsables da asociación Freeride Narón presentaron hoxe en rolda de prensa o I Trofeo Dual Slalom ‘Cidade de Narón’ que terá lugar o 31 de maio nun circuito do Polígono Industrial de Rio do Pozo. A competición reunirá a 70 participantes de clubes de toda Galicia, nas seguintes categorías: feminina, cadete, e élite. Nesta última, participará a galega Eva Castro, que na actualidade disputa o campionato do mundo desta modalidade deportiva. O ‘dual slalom’, segundo explicou o secretario da asociación Freeride Narón, Alberto Otero, é unha modalidade de mountain bike que se disputa entre dous corredores, na que o gañador de cada un dos tramos vai correndo unha serie de eliminatorias ata acadar a última ronda. Nesta ocasión, a competición se organiza nunha parcela de Rio do Pozo, destiñada a un circuito de motocross. A asociación Freeride Narón montou neste espazo unha serie de elementos cos cales se realiza o ‘dual slalom’, como montículos ou tubos. Os entrenamentos terán lugar de 10:30 a 13:30 horas mentres que o trofeo en sí celebrarase de 16:00 a 20:00 horas. Nesta iniciativa colaboran o Padroado de Deportes do Concello de Narón, e a Concellería de Mocidade a través da actuación dos grupos noveis da Escola de Música Moderna. O I Trofeo de Dual Slalom cobra especial importancia, tendo en conta que é a única carreira destas características que se organiza este ano en Galicia. Trátase dunha modalidade con moito seguemento entre a mocidade, segundo sinalaron os membros da asociación Freeride Narón. Neste trofeo agárdase a participación da deportiva Eva Castro, de A Coruña, que actualmente disputa o campionato do mundo desta especialidade. A asociación Freeride Narón foi fundada no 2008, e a dia de hoxe conta con 41 socios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal