Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NASTASIA ZÜRCHER E XOÁN CURIEL ACTUARÁN ESTE DOMINGO NO ALTO NUNHA NOVA CITA DO PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
A cita, dirixida a público familiar e infantil, terá lugar a partir das 12.30 horas no espazo verde da rúa 25 de Xullo
Narón, 10 de xullo de 2020. O programa municipal “Verde que te quero verde”, impulsado dende o Padroado da Cultura de Narón, chegará este domingo, día 12, ao Alto do Castiñeiro, concretamente á zona verde da rúa 25 de Xullo. Nesta ocasión, a cantante Nastasia Zürcher e o tamén músico Xoán Curiel serán os protagonistas das dúas actuacións que se poderán ver a partir das 12.30 horas e dirixidos a público infantil e familiar. Nastasia Zürcher ofrecerá ao público un completo repertorio con temas nos que fusiona o neo soul, pop vogal de autor, world music e nujazz, todos interpretados dende a súa propia persoalidade vogal. Os pegadizos estribillos dos seus temas e as intensas letras das cancións deixarán constancia neste concerto da súa faceta máis francófona e galega. Pola súa banda, o músico Xoán Curiel, un dos valores do panorama musical infantil de Galicia, interpretará temas de diferentes estilos, como o funk, o rock ou a bossa nova, sintonizando coa onda do Xabarín. O programa “Verde que te quero verde” continuará o 19 de xullo na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, coas cancións infantís de Pakolas e a música de tradicional galega de Oîma. Finalmente, o 26 de xullo poderanse ver na rúa Mariña Española, as actuacións de Antonio Lizana Trío e Fantasía coas palabras, que pecharán esta nova edición do programa na cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal