ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA XORNADA "OLIVEIRAS EN NARÓN?" QUE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO NO VAL
O Concello organiza esta convocatoria en colaboración coa Asociación Agroforestal Terra Rendible, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 15 de xullo de 2020. O Concello mantén aberto o prazo, a través da Asociación Agroforestal Terra Rendible, para inscribirse na xornada: Oliveiras en Narón?, que terá lugar este sábado, día 18, nas inmediacións do Centro Cívico Social do Val. O edil de Promoción Económica, David Pita, recordou que as persoas que desexen anotarse deben facelo contactando coa citada asociación, a través do correo electrónico: terrarendible@gmail.com ou do número de teléfono 604 024 849, indicando o nome e apelidos da persoa que asistirá, o seu enderezo e un teléfono de contacto. A cita, organizada polo Concello e na que colaboran a Asociación Terra Rendible e terá lugar a partir das 11.00 horas.
O biólogo José Espinosa e o veterinario Pedro Murías, serán os relatores desta convocatoria, na que se abordarán temas como a transformación de parcelas, a rendabilidade económica, social e ambiental, as variedades potenciais, a representación de dúas tipoloxías de aceite
e presentaranse unhas conclusións finais antes de abrir un turno de debate, no que os asistentes poderán formular as preguntas que consideren oportunas, tal e como indicou Pita.
Así mesmo, ao remate das intervencións realizarase unha visita pola zona a terreos nos que puidesen ser viables este tipo de plantacións.