Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA AO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE E LIMPEZA DOADOS A TRAVÉS DUNHA INICIATIVA NA QUE PARTICIPA PERSOAL FUNCIONARIO E POLÍTICO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a colaboración do persoal funcionario e político do Concello naronés que se sumou a esta iniciativa
Narón, 15 de xullo de 2020. Persoal funcionario e representantes políticos da corporación local participaron nunha iniciativa impulsada tras decretarse o estado de alarma co fin de recadar fondos para axudar ás persoas que están atravesando dificultades económicas e precisan axuda do Centro de Recursos Solidarios para dispoñer de alimentos básicos e produtos de limpeza e hixiene. Esta mesma mañá realizouse a primeira das entregas de material nas citadas instalacións, dende donde se repartirá entre o centenar de familias da cidade que reciben atención dende o Centro de Recursos Solidarios. En conxunto recadáronse uns 40.000 euros, unha contía que permitirá abastecer nos vindeiros meses ao Centro de Recursos dunha serie de produtos para axudar ás persoas que máis o precisan nestes momentos. César Bouza, representante da Xunta de Persoal do Concello de Narón, desprazouse esta mañá ás citadas instalacións, ubicadas no polígono da Gándara, para realizar a entrega dos produtos adquiridos nesta primeira compra: alimentos, artículos de hixiene e de limpeza. Bouza recordou que é a Xunta de Persoal a que canaliza estas axudas a través dunha iniciativa “que xurdiu entre varios compañeiros e compañeiras a raíz da pandemia, como unha mostra de solidariedade coas veciñas e veciños de Narón”. As doazóns económicas realizaranse durante un período de seis meses –de xuño a decembro-, detraendo da nómina do persoal funcionario e político que se acolleu a esta iniciativa a contía que en cada caso consideraron oportuna a título individual. “Quero agradecer especialmente a gran implicación do persoal do Concello de Narón nesta iniciativa, que xurdiu con motivo da Covid-19 e que obtivo unha gran resposta”, asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro. A rexedora local incidiu en que “a través das aportacións realizadas poderemos colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón, comprando en cada momento aqueles produtos que rexistran unha maior demanda entre a xente que está atravesando momentos complicados e aos que na medida das posibilidades de cada caso podemos axudar”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal