Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU 55.000 EUROS AO PROXECTO DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE NA RÚA DA PAZ
A alcaldesa, Marián Ferreiro, visitou a zona acompañada polos edís de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Servizos, Ibán Santalla
Narón, 23 de xullo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse á rúa da Paz, no Alto, con motivo do inicio das obras de accesibilidade e reforma do citado vial, acompañada polos edís de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Servizos, Ibán Santalla. Ferreiro explicou que se trata dunha inversión de preto de 55.000 euros, que permitirá “facer máis accesible este vial da cidade, ampliando as beirarrúas aplicando os actuais criterios de accesibilidade, e aproveitando a actuación para instalar canalizacións soterradas do alumeado”. O proxecto a acometer na rúa da Paz, que estará en obras durante un mes, atendendo ás previsións indicadas dende a empresa adxudicataria, inclúe ademais a recolocación dos sumideiros e o pintado de dous pasos de peatóns coa súa pertinente sinalización. Esta mesma semana iniciáronse os traballos de demolición das beirarrúas do vial. “A beirarrúa ampliarase ata os 1,80 metros e manteranse os espazos dispoñibles para estacionamento de vehículos, reservando dúas prazas para persoas con mobilidade reducida”, indicou a rexedora local. Na actualidade, e mentres se desenvolven os traballos proxectados, o vial permanece cortado ao tráfico rodado, se ben os residentes poden acceder para estacionar, tal e como se informou dende o Concello antes do inicio das obras. “Unha vez que os traballos rematen disporemos dun espazo máis accesible na nosa cidade, mantendo así unha liña de traballo iniciada hai varios anos nesta área dende o goberno local, na que contemplamos importantes investimentos cada ano tanto en espazos como en edificios públicos de cara a facilitar a mobilidade”, recalcou Ferreiro.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es