Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTARÁ O XOVES E O VENRES NA CIDADE
As persoas que poidan doar sangue teñen a posibilidade de reservar cita previa chamando ao teléfono 900 100 828
Narón, 18 de agosto de 2020. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o xoves e o venres desta semana á cidade. O vehículo localizarase o xoves día 20 nas inmediacións do centro de saúde do Alto, entre as 9.30 e as 14.30 e tamén pola tarde, de 16.00 a 21.00 e na xornada do venres estará nas proximidades da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas. Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue informan da posibilidade de que as persoas que poidan doar reserven previamente cita para facelo nestas unidades, chamando por teléfono ao número 900 100 828. Para doar é preciso almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Os doantes deberán levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento. ADOS garante a seguridade das persoas que acoden a doar, a través dos exhaustivos protocolos de seguridade establecidos para realizar este labor.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal