Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PAGARÁ A VINDEIRA SEMANA 999.000 EUROS DE 461 AXUDAS CONCEDIDAS A TRAVÉS DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN IMPULSA"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que se abonarán 1.140.000 euros a máis de medio milleiro de empresas cuxas solicitudes se tramitaron nas dúas primeiras quendas
Narón, 21 de agosto de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que a próxima semana procederase a realizar o pago da segunda quenda de axudas concedidas a empresas e persoal autónomo de Narón a través do programa municipal “Narón impulsa”. Ferreiro destacou que se abonarán “un total de 999.000 euros para un total de 461 empresarias e empresarios que cumpriron todos os requisitos estipulados na convocatoria, unha contía que se suma aos 141.000 euros que se pagaron a pasada semana a outras 60 empresas da nosa cidade para axudarlles dende o Concello a paliar os graves efectos da crise da Covid-19 nos seus negocios”. Do total das 461 solicitudes, 397 recibirán unha contía de 2.000 euros, ao tratarse de persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou con ata dous traballadores/as a 1 de marzo deste ano; outras 51 percibirán 3.000 euros, que é o caso das persoas físicas e xurídicas con entre 3 e 9 traballadores/as tamén a 1 de marzo, e, por último, trece terán un ingreso de 4.000 euros, sendo esta a situación de persoas físicas e xurídicas cun cadro de persoal de entre 10 e 49 empregados/as a 1 de marzo deste ano. Así o indicou a rexedora local, que recordou que “este programa municipal dotouse cunha partida de tres millóns de euros, en previsión de poder ofrecer a máxima colaboración dende o Concello co sector empresarial da nosa cidade”. A alcaldesa explicou que “despois de tramitar o pago destas dúas quendas, de 1.140.000 euros para máis de medio milleiro de empresas da nosa cidade, os departamentos municipais correspondentes apuran os trámites para poder realizar o abono das últimas solicitudes que se tramitan con cargo a este programa municipal”. Ferreiro apuntou que, “previsiblemente a vindeira semana poderemos realizar tamén eses últimos pagos” e agradeceu novamente o traballo que realizou e realiza o persoal municipal para materializar esta iniciativa, "tan necesaria nestes tempos tan complicados”. O cese da actividade nalgúns casos e a redución da facturación en alomenos un 75% tras decretarse o estado de alarma afectou gravemente ás contas de moitas empresas do termo municipal e, co fin de paliar esa situación, o goberno local promoveu o programa “Narón impulsa”. A listaxe ao completo cos números de expediente da segunda quenda de empresas da cidade beneficiarias destas axudas pode consultarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/Tablon_ver_doc.aspx?id=2119.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal