Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SERVIZO HABILITADO POLO CONCELLO PARA ASESORAR SOBRE O INGRESO MÍNIMO VITAL ATENDEU NO ÚLTIMO MES A MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, indicou que o servizo, dirixo ás veciñas e veciños de Narón, continuará operativo ata o 30 de setembro na Casa da Mocidade
Narón, 2 de setembro de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, indicou que servizo de asesoramento e información para solicitar a prestación do Ingreso Mínimo Vital (IMV), posto en marcha hai un mes, atendeu a máis dun centenar de veciñas e veciños da cidade. A edil naronesa recordou que este servizo continuará funcionando ata o vindeiro 30 de setembro nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara. As persoas empadroadas en Narón interesadas en recibir orientación para a obtención do IMV deben desprazarse á citada ubicación de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e os martes de 16.00 a 21.00, solicitando previamente unha cita no teléfono 622 155 806 ou a través do correo electrónico: naronrentaminimavital@gmail.com. As solitides do IMV que se realicen ata o día 15 de setembro, incluído, terán carácter retroactivo, se ben non será ese o caso das que se realicen con posterioridade, recordou García. “O procedemento que se segue contempla que no caso de non poder realizar os trámites con indicacións telemáticas se asigne unha cita presencial a esa mesma persoa para axudarlle”, indicou. “Dende o Concello queremos recordar que este servizo continúa operativo, informando, asesorando e orientando ás veciñas e veciños que precisen axuda para solicitar estas prestacións, que se cumplimentan de xeito telemático”, apuntou García. A concelleira de Benestar Social incidiu no feito de que as persoas que cobran a Renta de Inclusión Social de Galicia (Risga) deben tramitar estas axudas, tal e como establece a normativa vixente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal