Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN "OBRADOIRO MAXISTRAL DE COCTELERÍA"
O recoñecido profesional Diego Mosquera será o encargado de impartir este obradoiro, tal e como anunciou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 1 de outubro de 2020. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou a apertura do prazo de inscrición nun “Obradoiro maxistral de Coctelería” que organiza o Concello e que terá lugar o vindeiro 17 de outubro nas instalacións do Centro Comercial Odeón, que colabora neste evento. O recoñecido cocteleiro Diego Mosquera será o encargado de impartir este obradoiro, que conta cun total de 25 prazas e se desenvolverá entre as 12.00 e as 14.00 horas aproximadamente. As persoas interesadas en anotarse –diríxese a profesionais e estudantes do sector da hostalería- poden facelo dende hoxe, de balde, a través da dirección: eventi.es/blog, tal e como indicou Pita. “Trátase dunha nova actividade dirixida ao sector hostaleiro da cidade e impulsada a través do Concello, dende donde levamos varios anos impulsando iniciativas deste tipo a través do Club Narón Gastronómico”. O edil naronés destacou a figura de Diego Mosquera, “considerado nalgúns ámbitos o Ferrán Adriá da coctelería” e avanzou que no transcurso do obradoiro “elaborará diferentes tipos de cócteles, con alcol, sen alcol, de diferentes prezos de cara á venda ao público… dentro do ámbito deste tipo de bebidas”. Mosquera conta cunha dilatada experiencia profesional, na que figuran varios premios e recoñecementos. Foi campión de España de coctelería, forma parte na actualidade da selección española de Formación Profesional como preparador nacional na modalidade de Restaurante e Bar nas olimpíadas mundiais de FP e é asesor e consultor de diferentes marcas, entre outros méritos a nivel nacional e internacional, entre eles a Medalla de Ouro Team Leader no EuroSkills celebrado en Budapest en 2018. “Con esta iniciativa continuamos traballando coa hostalería, concretamente no ámbito formativo, co fin de valorar os seus produtos e ofrecer unha alternativa aos produtos tradicionais cos que traballaban, apostando por amortiguar o efecto Covid-19”, explicou Pita. “Os cócteles son unha bebida que está en auxe, con moi boa aceptación, e queremos que Narón non se quede atrás e dinamizar a hostalería local e continuar facendo cidade”, recalcou. Finalmente o concelleiro de Promoción Económica destacou que o obradoiro se impartirá seguindo todas as medidas sanitarias de prevención da Covid-19, polo que será obrigatorio o uso de máscara e o mantemento da distancia social, entre outras.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal