Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL APOIA AS REIVINDICACIÓNS DA ANPA DO "CEIP VIRXE DO MAR" RECLAMANDO MÁIS PERSOAL DE LIMPEZA NO CENTRO
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, instou á Consellería de Educación a substituír á persoa que se atopa de baixa dende finais do pasado mes de outubro para atender o servizo de limpeza do centro, competencia da Xunta de Galicia
Narón, 1 de novembro de 2020. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que o goberno local respalda a reivindicación feita pública dende a Anpa Galatea, do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, instando á Consellería de Educación á sustitución de xeito inmediato dunha persoa encargada de traballos de limpeza no centro que cursou unha baixa o pasado 26 de outubro. Taibo recordou que “a Consellería de Educación ten as competencias de limpeza deste centro educativo, que xa o pasado mes de setembro tivo problemas por falta de persoal no servizo, algo moi grave tendo en conta a actual situación sanitaria derivada da Covid-19, que esixe unha exhaustiva labor de limpeza e desinfección tal e como se contempla nos protocolos establecidos”. A edil naronesa lamentou o feito de que a Consellería de Educación desatendese ata o momento a petición realizada formalmente dende o centro para ocupar esta vacante. “Unha vez máis a administración autonómica elude as súas responsabilidades, nesta ocasión co agravante de que estamos falando dun tema de seguridade, prioritario nestes tempos”, recalcou Taibo. A responsable de Ensino recordou que o propio conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou a principios do pasado mes de outubro que a administración autonómica estaba traballando para implementar melloras en determinados servizos nos centros educativos, entre eles o de limpeza. “Xa é lamentable que iniciado o curso en setembro a Xunta anuncie en outubro, case un mes máis tarde, un incremento en investimentos e persoal para os servizos de limpeza e comedor e resulta inadmisible que desatenda as súas competencias e deixe centros como o Virxe do Mar cunha soa persoa a cargo dun servizo prioritario”, recalcou Taibo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal