Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA MANTÉN ABERTO O PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
As persoas interesadas en anotarse poden facelo en horario de mañá ou de tarde ata o día 6 de novembro, incluído
Narón, 3 de novembro de 2020. O Padroado da Cultura de Narón mantén aberto ata este venres, día 6, o prazo extraordinario de matrícula nas Escolas Culturais Municipais. As persoas interesadas en anotarse nalgunha das Escolas poden facelo, no caso de que existan vacantes, ata esa data. Para solicitar información sobre as prazas dispoñibles e horarios pódese chamar ao número de teléfono 981 391 144, dirixirse ás oficinas do Pazo da Cultura ou escribir á dirección de correo electrónico: d.canovas@naron.es. Os grupos de cada unha das clases son reducidos, axustándose así á normativa en vigor sobre prevención da Covid-19 e todas as persoas que acudan deberán cumprir todas as medidas sanitarias, como uso de máscara, hixienización de mans, mantemento da distancia de seguridade interpersoal… As matrículas neste período extraordinario poderán formalizarse en horario de 9.00 a 14.00 e pola tarde entre as 17.00 e as 19.00 horas, tal e como se recordou dende o Padroado da Cultura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal