Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SOCIEDADE A POMBIÑA CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA O XII ENCONTRO DE CORAIS
Está prevista a participación de seis agrupacións procedentes de toda Galicia
Narón, 25 de Xuño de 2009.- A Sociedade Cultural e Recreativa (SCR) “A Pombiña” (Pedroso) organiza os dias 27 e 28 de xuño o XII Encontro de Corais no que participarán seis agrupacións de toda Galicia. A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, felicitou hoxe á directiva desta asociación, que este ano celebra o seu 30º cabodano. “En Narón, a vida das asociacións é moi activa”, sinalou. O programa do encontro de corais é o seguinte: SÁBADO 27 DE XUÑO -Coral Polifónica de Taboada (Lugo). Director: Xose Luis Reza Cabano -Asociación Verinense Amigos da Música- Verín (Ourense). Director: Edelmiro Mateo García -Coral Polifónica Valdarrosa- Pontecaldelas (Pontevedra). Director: Jesús Moldes Monroy. DOMINGO 28 DE XUÑO -Coral Polifónica Virxe do Mar- Cedeira (A Coruña). Director: José A. Suárez Aneiros. -Coral Cofradía de Pescadores do Grove (Pontevedra). Directora: Josefa María Dorado Soto. -Coral Polifónica A Pombiña- Pedroso (Narón). Director: Francisco San Ramón Calvo. As actuacións comenzarán a partires das 20 horas, con entrada libre e de balde. Colaboran o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, e a Federación Coral Galega (FECOGA).

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es