Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA ANUNCIA QUE NARÓN E FERROL PASAN A TER UN PERÍMETRO CONXUNTO
A previsión da administración autonómica é que a medida se implante na madrugada de hoxe venres a mañá sábado, se ben terá que publicarse previamente no Diario Oficial de Galicia
Narón, 11 de decembro de 2020. A Xunta de Galicia anunciou esta mañá unha serie de cambios nas restricións que estaban en vigor debido á situación sanitaria. No caso do Concello de Narón rebaixáronse esas restricións, abandoando o concello o nivel de alerta máximo e pasando a nivel medio-alto dende a madrugada de hoxe venres a mañá sábado, segundo se avanzou dende a Xunta e a falta da confirmación no Diario Oficial de Galicia. Os concellos de Narón e Ferrol terán un peche perimetral conxunto, ao quedar ambos municipios en zona de restrición media-alta. Polo tanto, permítirase de novo a mobilidade entre ambos municipios, pero non se poderá entrar ou saír de Narón-Ferrol agás por razóns xustificadas. En canto á hostalería, a ocupación poderá ser do 30% no interior dos locais e do 50% nas terrazas, cunha agrupación máxima de catro persoas, sexan conviventes ou non. Os establecementos deberán pechar ás 17:00 horas. No referente ás reunións sociais, permitiranse con un límite de catro persoas non convivintes en todos os escenarios. Estas medidas entrarían en vigor en canto sexan publicadas no DOG, estando prevista a súa implantación na madrugada de hoxe venres 11 a mañá sábado 12, tal e como sinala a Xunta neste comunicado: www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53890/sanidade-suaviza-medidas-restritivas-silleda-ribadavia-laracha-malpica-cabana.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es