Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COSMA CORTARÁ O LUNS SUBMINISTRO DE AUGA EN TRES RÚAS DA CIDADE PARA REPARAR UNHA AVARÍA NA REDE
O edil de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que o corte afectará a vivendas localizadas nas rúas Irmandade, Xoán XXIII e Foro
Narón, 12 de decembro de 2020. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que a empresa Cosma cortará o subministro de auga o vindeiro luns, día 14, entre as 9.00 e as 14.00 horas, en tres rúas da cidade. O edil indicou que nese período estarán afectadas polo corte as vivendas localizadas na rúa Irmandade, no lado esquerdo dende a estrada de Castela –números impares-; na rúa Xoán XXIII, as do lado dereito dende a estrada de Castela –números pares- e na rúa Foro as localizadas entre o número 1 e o portal 9-11, ambas incluídas. O corte no subministro permitirá executar os traballos necesarios para subsanar unha avaría detectada na rede, tal e como indicou Santalla, que solicitou de antemán desculpas á veciñanza afectada polas molestias que poida ocasionar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal