Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA A CAMPAÑA "FELICITA O NADAL EN GALEGO" E O CONTACONTOS "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO" A TRAVÉS DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A veciñanza poderá elixir entre varias postais e tamén asistir vía "streaming" ao contacontos "O Apalpador e a nena sen medo", tal e como indicou a edil de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 17 de decembro de 2018. O Concello de Narón impulsa un ano máis a través do Servizo de Normalización Lingüística a campaña "Felicita o Nadal en Galego". A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha proposta a través da que se anima ás veciñas e veciños da cidade a felicitar as festas en galego. Na web do Servizo de Normalización Lingüística do Concello naronés: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/servizo-normalizacion-linguistica pódense descargar varios modelos de postais para enviar a través de Facebook ou Twitter. Taibo indicou que a maiores deses deseños, tamén se poden descargar mensaxes de felicitación destas festas en galego nun apartado específico para ese fin e cunha gran variedade de estilos entre os que poder elixir. A concelleira naronesa recordou que esta campaña comezou no ano 2010 e destacou que a través da mesma “continuamos apostando por dinamizar o uso da nosa lingua e asesoramos ás nosas veciñas e veciños a través dun servizo municipal que xoga un papel fundamental para que todas e todos utilicemos correctamente o galego nos diferentes ámbitos”. As persoas que o desexen poden tamén, explicou, recorrer ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón para que revise os seus propios textos de felicitación navideña, debendo dirixirse ao correo electrónico: a.pita@naron.es. A edil naronesa avanzou ademais que a través deste mesmo servizo de Normalización Lingüística se programou o contacontos “O Apalpador e a nena sen medo”, de A Xanela do Maxín. Trátase dunha actividade que se desenvolverá vía streaming mañá venres ás 12.00 horas e dirixida aos centros de ensino da cidade, que dispoñen xa de información sobre a mesma. A iniciativa diríxese a nenas e nenos a partir de 3 anos, que poderán escoitar a historia do Apalpador, que cada ano trae castañas do Courel e ao que unha nena escribiu unha carta moi especial pedíndolle o que a ela lle faltaba: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. As persoas que queiran ver este contacontos, indicou Taibo, poden facelo tamén a través do enlace: https://youtu.be/Ucx-pao6q-A. A edil naronesa animou aos centros de ensino e a veciñanza a sumarse a esta convocatoria, pensada específicamente para estas datas do Nadal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal