Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA O MATERIAL DA INICIATIVA "NARÓN EN MAPAS 2.0"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, amosaron o material que se distribuirá en instalacións municipais e centros de ensino de educación Primaria da cidade
Narón, 18 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá o novo material da iniciativa “Narón en mapas 2.0”, que se distribuirá nas bibliotecas municipais, ludoteca, centros comunitarios municipais e tamén nos centros de ensino da cidade. “Con motivo do 25 aniversario da publicación da guía “Narón en mapas”, editada polo Concello de Narón, dende o Servizo Sociocomunitario municipal elaboráronse unha serie de materiais con fins educativos e pedagóxicos, actualizando un laborioso traballo iniciado hai máis de 30 anos e cun gran resultado”, explicou Ferreiro. O Concello dispón de puzzles de tres dimensións en madeira que se distribuirán nas bibliotecas, na ludoteca e nos centros comunitarios, así como outros puzles en cartón de menor tamaño e tamén os xogos de imáns “Que sabes de Narón”, que se empregarán nas visitas de escolares ao Consistorio e unhas láminas do mapa “Narón en mapas 2.0”, que se distribuirán nos centros de ensino de educación Primaria da cidade. Ferreiro explicou que “todos estes materiais, en diferentes formatos, teñen a imaxe das parroquias de Narón e nas mesmas figuran elementos patrimoniais, instalacións sanitarias, educativas, municipais, equipamentos municipais, polígonos industriais, zonas verdes… que se ubican en cada unha desas parroquias e que no caso das pizarras con imáns se van colocando sobre o propio mapa”. “É un xeito moi visual de dar a coñecer o noso concello entre a veciñanza a través de varias propostas adaptadas a diferentes idades”, indicou a alcaldesa. Ferreiro recalcou que o espírito desta iniciativa é “fundamentalmente pedagóxico e para amosar a cidade a vista de paxaro”, ao tempo que destacou que entre o obxectivo da mesma está “dar a coñecer os elementos xeográficos, sociais, naturais.. da cidade dun xeito divertido, para que os identifiquen na contorna, así como os límites xeográficos”. A alcaldesa e a edil de Ensino agradeceron o traballo para levar adiante esta iniciativa e avanzaron que “nos vindeiros días comezarase a repartir o material para que canto antes poida chegar a diferentes colectivos da cidade”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es