Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CIDADE DOS AGASALLOS INSTALADA NO PAZO DA CULTURA RECIBE DENDE HOXE NO CORREO REAL AS CARTAS DOS REIS MAGOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Festas, Natalia Hermida, animaron á veciñanza a visitar este espazo deseñado con motivo destas festas de Nadal
Narón, 21 de decembro de 2020. A Cidade dos Agasallos, unha novidosa proposta do Nadal de Narón, está xa instalada no Pazo da Cultura. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Festas, Natalia Hermida, visitaron esta tarde este espazo pensado para as nenas e nenos e que dende hoxe poden visitar para deixar no buzón do Correo Real as súas cartas para os Reis Magos. A Cidade dos Agasallos poderá visitarse dende hoxe e tamén mañá e os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e dende as 16.30 ata as 21.00 horas. Así mesmo, tamén se poderá visitar os sábados e domingos, concretamente nas xornadas do 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, sen reserva previa. E nese mesmo espazo da Cidade dos Agasallos, con figuras e agasallos de grandes dimensións e os tronos preparados de Melchor, Gaspar e Baltasar, terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro un gran recibimento aos Reis Magos. Entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 as 21.00 horas os menores poderán saudar aos Reis Magos, sendo preciso neste caso reservar entradas a partir deste sábado, día 26, no teléfono da billeteira do Pazo -981 102 897- ou presencialmente, ata completar a capacidade. A programación de Nadal inclúe tamén o día 24 a iniciativa “Papá Noel online”, que permitirá amosar a través do Facebook do Concello, ás 20.00 horas, o traballo que realizan os elfos dende o seu taller loxístico de Narón. Ademais, Papá Noel trasladará unha mensaxe navideña ás nenas e nenos e, para finalizar, poderán manter unha conversa privada por mensaxería instantánea cos seus elfos. O Pazo da Cultura acollerá tamén dous espectáculos, con varias funcións nalgún caso, dirixidas a público familiar e infantil. A primeira delas será “Astronauta sideral”, de Uxía lambona e a Banda molona, o día 27 de decembro a partir das 18.00 horas e os días 30 de decembro -18.00 horas- 2 de xaneiro -17.00 e 20.00 horas- e o 3 de xaneiro -12.30 e 18.00 horas- o espectáculo “Estación máxica”, de La Fiesta escénica Circus Show. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura ou na web do Padroado: www.padroadodecultura.es. Ferreiro e Hermida animaron ás nenas e nenos de Narón a achegarse ata o Pazo da Cultura “para deixar as súas cartas no buzón do Correo Real e garantir que cheguen en tempo e forma para que poidan recibir os seus agasallos na noite de Reis”. Así mesmo, destacaron a calidade dos espectáculos programados dende o Padroado da Cultura e “a aposta por adaptar todo o programa, como tamén se fixo con Papá Noel, á actual situación sanitaria, con todas as medidas sanitarias e facendo partícipes ás nenas e nenos e ás súas familias destas actividades propias destas datas navideñas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal