Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU 101.000 EUROS A MELLORAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN SAN MATEO, SAN XIAO E DOSO
En total substituíronse 261 luminarias en viais destas tres parroquias, que se seleccionaron atendendo a datos de consumo e do estado das instalacións existentes, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 22 de decembro de 2020. O Concello materializou o proxecto de mellora da eficiencia enerxética en alumeados das parroquias de San Mateo, San Xiao e Doso. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que se trata dunha intervención “orzamentada en 101.440 euros e que nos permite continuar avanzando na implantación do alumeado led neste caso na zona rural do municipio”. Ferreiro explicou que, en conxunto, se substituíron un total de 261 luminarias, “o que a maiores dun aforro enerxético considerable nos permitirá mellorar as condicións de iluminación naquelas zonas nas que se instala a tecnoloxía led”. O goberno local seleccionou estas tres zonas para acometer este proxecto, enmarcado no Plan de Obras e Servizos da Deputación, atendendo aos datos actuais de consumo, ao estado das instalacións existentes, no que se refire tanto ás luminarias como aos cadros de mando, entre outros equipos, e tamén ao elevado custe de mantemento da tecnoloxía que estaba implantada, de sodio de baixa presión. No lugar das Viñas, na parroquia de San Mateo, substituíronse un total de 85 luminarias; no da Fraga, en San Xiao, 81 e no de A Braña, en Doso, 95. “Os camiños e vivendas localizadas nas zonas nas que se actuou disporán agora dun nivel de iluminación axeitado, moi superior ao que tiñan ata o momento”, recalcou Ferreiro. A alcaldesa avanzou que, tal e como se recolle nos orzamentos do vindeiro ano, aprobados xa inicialmente este mes no pleno, “dende o goberno local reservamos unha partida de algo máis de 350.000 euros para repoñer puntos de luz, apoios, melloras de eficiencia enerxética na zona do Feal e tamén se procederá, cofinanciando o proxecto con fondos da Unión Europea, a renovar o alumeado público noutras zonas da cidade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal