Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PLAN DE LIMPEZA DAS PRAZAS E PARQUES PÚBLICOS DE NARÓN
A Concellería de Servizos emprega unha máquina baldeadora para este traballo
Narón, 17 de Agosto de 2009.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, está a levar a cabo un programa de limpeza e mantemento do municipio, actuando sobre parques e xardíns e mobiliario urbán (fundamentalmente marquesiñas, bancos, papeleras e farolas). Para realizar esta actividade, o Concello dispón dunha máquina baldeadora que emprega para a eliminación da suciedade de fontes, beirarrúas e mobiliario. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, comprobou hoxe persoalmente o traballo desta máquina manipulada por dous traballadores de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de limpeza do Concello. O rexedor desprazouse ata a Praza de Xuvia –frente á antiga Casa Consistorial- acompañado polo Edil de Servizos, para supervisar estos traballos, que se extenderán a outros puntos da cidade. Con anterioridade, a máquina baldeadora realizou o traballo de limpeza de espazos públicos na Praza de Virxe do Mar, na Praza de Galicia, na Praza de Alvaro Paradela, e na Finca Dopico. Nun breve prazo de tempo, outra máquina lavaaceras se incorporará á flota de maquinaria do Concello, para limpar as beirarrúas e mellorar así o aspecto xeral do municipio. “Queremos facer de Narón un municipio cada vez máis acolledor e limpo, e con este traballo, proximamente os veciños verán cómo mellora a imaxe da nosa cidade”, declarou Pablo Mauriz. A Concellería de Servizos tamén está a levar a cabo outras accións de mellora do aspecto de Narón, coma a colocación de céspede artificial nos alcorques da Estrada de Castela –obra xa rematada-, ou a reposición das losas das beirarrúas que atopábanse en mal estado de conservación. Tamén levouse a cabo un repaso das farolas da avenida principal do municipio, limpándoas de propaganda e anuncios.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es