Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS COMEZOU A FUNCIONAR NO CEIP DA GÁNDARA
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou o feito de que máis de 2.500 escolares de Infantil e Primaria da cidade participan neste programa
Narón, 10 de febreiro de 2021. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazouse esta mañá ao CEIP da Gándara, donde xa está operativo o programa Camiños Escolares Seguros. “O pasado mes de novembro comezaba a funcionar este mesmo programa no colexio Santiago Apóstol, polo que a partir de hoxe xa están operativos todos os proxectos que tiñamos previstos na zona urbana da cidade”, explicou o edil. No CEIP da Gándara hai algo máis de 450 escolares de educación Infantil e Primaria, dos que un total de 280 xa están a día de hoxe rexistrados no programa “Camiños Escolares Seguros”, tal e como apuntou Romero. No CEIP da Gándara instaláronse tres dispositivos nas dúas portas de acceso para poder realizar o “check point”. O alumnado diríxese camiñando, en bicicleta ou en patinete ao colexio e no momento que rexistra a entrada neses dispositivos, achegando a pulseira de “Pegadas” –a mascota do programa-, acumula puntos que canxeará por agasallos ao longo do curso. “Como no caso do CEIP da Gándara por motivos alleos ao Concello comezamos aínda agora, decidimos ofrecer neste centro un incremento do 50% dos puntos acumulados ao final do curso para que as rapazas e rapaces poidan optar así a unha maior variedade de agasallos dos incluídos no catálogo, que se pode consultar na web de Pegadas”, apuntou o edil. “Algo máis de 2.500 escolares da cidade participan neste programa, realizando os rexistros pertinentes á entrada aos centros para ir sumando “pegadas” que poderán canxear por diferentes agasallos”, explicou Romero. O concelleiro naronés destacou e, ao tempo, agradeceu “a implicación de todas as persoas que fan posible materializar proxectos deste tipo na nosa cidade, encamiñados a fomentar a autonomía dos menores e tamén a práctica do deporte ofrecendo as pertinentes medidas de seguridade no deseño das rutas que a diario seguen no camiño das súas casas aos centros de ensino”. As alumnas e alumnos que o desexen poden inscribirse neste programa a través da páxina web: pegadas.naron.es ou na APP Pegadas Narón, operativa esta última polo momento para teléfonos co sistema operativo Android. Unha vez na web ou na aplicación móbil deberán rexistrarse e os axentes do Equipo de Educación Viaria do Concello validan ese rexistro, co que os pais ou nais recibirán un correo electrónico no que se informa sobre a alta para, posteriormente, poder recoller a pulseira de “Pegadas” no centro no que está escolarizado o seu fillo ou filla. Para solventar calquera dúbida pódese contactar co equipo de Educación Viaria do Concello, a través dos números de teléfono 666 438 222 ou 600 448 730 ou do correo : seguridadevial@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal