Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAIXANOVA E O CONCELLO FIRMAN UN CONVENIO PARA O PATROCINIO DE ACTIVIDADES NO PAZO DA CULTURA
Permitirá traer a Narón ó Ballet Nacional de Cuba, ademáis de financiar representacións teatrais.
Narón, 25 de Setembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o director xeral de Caixanova, Jose Luis Pego, firmaron hoxe dous convenios de colaboración para a organización de actividades culturais no Pazo da Cultura. Os acordos –asinados con Caixanova e a Fundación Caixanova respectivamente- teñen un importe total de 55.000 euros que se destinarán a financiar tres espectáculos culturais. Trátase da celebración da Mostra de Teatro Infantil, a representación de “Giselle” a cargo do Ballet Nacional de Cuba, e a obra teatral “El caso de la mujer asesinadita”, escrita por Miguel Mihura. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, explicou que para o Concello de Narón “a colaboración con outras administracións e institucións resulta moi importante porque sen elas sería imposible encher de contidos o Pazo da Cultura”. O rexedor lembrou tamén a importante traxectoria cultural que ten este municipio “onde temos a día de hoxe 508 persoas abonadas ós espectáculos do Pazo da Cultura, e gracias a colaboracións coma a de Caixanova poderemos traer aquí grandes produccións”. Sobre as instalacións e o aforo do novo teatro, Blanco destacou que “agora xa temos un espacio que reúne as condicións necesarias para levar a cabo este tipo de espectáculos, que era imposible organizar no Auditorio Municipal”. Respecto á colaboración iniciada con Caixanova, o seu director xeral, Jose Luis Pego, lembrou que durante o 2008 xa se patrocinaron 8 actos culturais –entre os que destacou o concerto do gaiteiro Xose Manuel Budiño- ós que asistiron máis de 5.400 persoas en Narón. Sobre esta nova etapa que cubrirá a programación dos últimos meses do ano, o director xeral de Caixanova declarou que traeranse ó Pazo da Cultura espectáculos para tódolos públicos. “É unha programación de calidade contrastada, que se pode ver nas grandes cidades de Galicia na actualidade”, dixo. Un destes espectáculos será a actuación do Ballet Nacional de Cuba, que representará a obra Giselle o vindeiro 3 de outubro, baixo a dirección da coreógrafa Alicia Alonso. “É un luxo que en Narón pódase contemplar este ballet, que é un dos espectáculos máis aclamados a nivel internacional”. Dentro deste convenio tamén se representará a obra “El caso de la mujer asesinadita” escrita por Miguel Mihura, o vindeiro 13 de decembro. Ademáis, Caixanova patrocinará a Mostra de Teatro infantil que dende fan anos achega o mundo do teatro ós escolares de Narón e bisbarra. “A educación cultural dos máis pequenos ten que ser o obxectivo principal dunha entidade coma a nosa”, declarou Jose Luis Pego. O director xeral da entidade destacou tamén a “grande sensibilidade amosada polo Concello de Narón con este público”. O Alcalde, Jose Manuel Blanco, aproveitou o acto de hoxe para solicitar a Caixanova a ampliación da súa colaboración ó programa de Educación Vial que ten en marcha o Concello de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal