Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DAS AXUDAS CONCEDIDAS NO PROGRAMA PEL REACTIVA-CONCELLO DE NARÓN PERMANECERÁ ABERTO ATA O 12 DE MAIO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou de que a resolución da concesión ou desestimación definitiva desas axudas publicouse hoxe no Boletín Oficial da Provincia e tamén se pode consultar na Sede Electrónica do Concello
Narón, 9 de abril de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe da resolución da concesión ou desestimación definitiva, renuncia e non admisión a trámite das axudas solicitadas ao abeiro do programa PEL Reactiva-Concello de Narón. No documento, que tamén se pode consultar na Sede Electrónica do Concello, infórmase de que as persoas e empresas beneficiarias dispoñen de prazo dende mañá ata o 12 de maio para presentar a través dunha instancia xenérica toda a documentación xustificativa referida expresamente aos gastos subvencionables desta convocatoria (xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas e pagadas dentro do período subvencionable, comprendido entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020). No mesmo BOP publícase a resposta ás alegacións presentadas polas empresas. Así mesmo, especifícase que será preciso presentar tamén unha fotografía do cartel (exposta nun lugar visible do centro de traballo), no modelo facilitado polo Concello a través da Sede Electrónica, no que se acredite a publicidade realizada da actividade subvencionada. O mesmo tipo de publicidade realizarase nun lugar preferente da páxina web da empresa, de existir esta. O Concello recibiu un total de 473 solicitudes –sendo o segundo da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes donde máis se presentaron- e o crédito total do programa ascendeu a 457.292 euros, contía destinada a realizar os pagos correspondentes a cada unha das 231 empresas que finalmente terán que xustificar a contía a recibir a través desta convocatoria impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal